Hoxe, domingo de Pascua, de seguir aínda viva a tradición de cando eu era pequena, en moitas casas terían almorzado a rosca que os padriños levaban neste día aos seus afillados, algo que con esta nova moda dos ovos de chocolate, supoño se estará a perder.
Pola nosa parte, esta mañá nós fixemos honor á confitura que preparou no seu día Makeijan, de pera de San Breixo; unha variedade da que non coñezo o nome, máis á que nós sempre lle chamamos así pola época do ano na que se dan, entre mediados de setembro e mediados de outubro.
Está mal que eu o diga… ;)
E non hai máis.
Son contundente. Seino. Seguro que tedes tomado algún chuletón de boi por aí de dubidosa orixe (eu o primeiro), e de aí que aproveite a ocasión para compartir cos quen non sabían desta magnífica ocasión. O pasado domingo foi a primeira oportunidade e o vindeiro día 5 a última…
Un podería pensar que toleamos en caldeirada, e que esta nova non ten nada que ver coa gastronomía. Non está entre as miñas intencións invadir o espazo de Discordancias a nosa compañeira de soportal nesta Praza. A ver se vos convenzo do contrario.
Van 8 anos dende a primeira…
Nesta semana santa que andivemos polo sur da península, fixemos unha chea de descubertas. Unha delas foron os amorodos de Cádiz (fresas dinlles os nativos :-)). A sona lévaa o fresón de Huelva ou de Palos, pero na práctica o sabor dos mesmos e pouco máis que ausente. Eu non sei se tivemos…
Os primeiros chícharos do ano chegaron nunha manchea. Despois de debullalos e de brincar un rato co meu fillo e as cornellas, púxenme con eles na cociña. A voltas coa miña lideira dos puntos de cocción, e tras probalos crus decidín que era un crime cocelos. Así foi a preparación:
- Un lixeiro…
A base, a orixe, o cerne da gastronomía está no produto, porén visitar mercados é ao meu ver, un dos mellores xeitos de coñecer a gastronomía local, cando un sae da casa.
Sempre que paso por alí, visito o mercado de Loulé, un bo lugar para apreciar de primeira man as materias primas…
Google Project Glasses é unha proxecto do gran irmán que saltou hai un tempiño, no que uns supostos lentes fornecerían unha realidade aumentada para o usuario, que non precisaría de máis dispositivos para comunicarse (treme Apple).
A nova é que recentemente viuse a un dos cofundadores de google, con elas postas, e penso que iso reactivou a viralidade.
Se non viches o video de orixe, deberías facer click aquí primeiro. Se xa sabes de que falo, vai directo a unha interpretación con mala… idea, pero cun punto de realidade. Estoutra visión dende o outro lado do Atlántico non queda atrás.
As cousas vistas así non son tan bonitas como parecen… ou si?
(Source: tomscott.com)
39 años de la primera llamada desde un móvil
La realizó Martin Copper el 3 de abril de 1973, con un teléfono que pesaba más de un kilo. El año que viene hará ya 40.
Vía CanalPDA
Efemerides móbiles
Probablemente, se vos preguntan por castes de oliveiras, e aceites por extensión, virán á vosa boca arbequina, picual se cadra para algúns chegan a hojiblanca, gordal… Ao mellor algúns teñen oído que en Bendilló, Quiroga se celebra unha mostra anual, na que se exalta o aceite feito a…
Tellas
Esta fin de semana convidáronnos a unha xantar castellano e tocounos levar a sobremesa. Non son moito de cociñalas, principalmente porque o mellor xeito de non caer nunha tentación é evitala. Aínda así hai 3 ou catro cousiñas que fago con máis ou menos xeito (ou iso din os que as proban), e as tellas son unha delas.
A receita foime entregada polo mesmo Enrique Castillo ante as miñas louvanzas por un inesquecible xeado de mandarina coa súa tella. Por desgracia, o manuscrito está perdido entre os feixes de receitas que se amorean pola casa adiante. Para a miña fortuna, publicouna no seu blog e xa ten unha entrada no meu evernote de onde nunca máis desaparecerá.Ingredientes
- 125 g de manteiga
- 125 g de fariña de améndoas
- 125 g de zume de laranxa
- 75 g de fariña triga.
- 250 g de azucre glas
Instruccións
Con boa ferramenta traballa calquera, e os ingredientes de calidade non afectan en menor medida. Eu fago o azucre glas e a fariña cunha thermomix, deste xeito acado unha fariña de améndoas cunha boa granulometría.
Tamizar a fariña triga e derreter a manteiga (serve o microondas). Preparar o zume de laranxa (ou mandarina se queres darlle outro sutil matiz).
Mesturamos todo nun bol ata ter unha pasta homoxénea. Introducir na neveira ata que compacte (eu fágoo o día anterior pero chega menos tempo).Cando as queiramos preparar, quentamos o forno a 180º e botamos unhas petadiñas da masa sobre papel vexetal, sulfurado ou unha prancha de silicona. Estendelas ou non xa queda da túa man.E non te separes do forno! Agora están feitas e un intre despois queimadas.Apuntamentos
Esta pasta consérvase uns días polo que non tes que facer todas as tellas xuntas. De feito hoxe mesmo, vou preparar unhas poucas, aproveitando que imos utilizar o forno para preparar unha pescada nel.Podes estendela toda nunha única prancha e logo, ir rompéndoa de xeito irregular que é moi fashion (ou era, haberá que preguntarlle aos de disquecool), ou ben deixa unhas petadiñas, que calor xa se van espallar. A da foto é feita dese xeito.Na miña experiencia, as petadas pequenas son máis doadas de controlar, porque o complexo desta receita é a cocción e non a preparación. Os extremos tenden a queimarse e o centro a quedar cru, e é algo que se pode ver porque sucede en menos dun minuto.Finalmente, se alguén quere darlles o efecto tella (para facer unha foto, porque senón penso que non paga a pena), hai que retiralas do forno, e cando se deixen tocar, pousalas sobre unha superficie cilíndrica (un vaso ou unha botella serven), e agardar a que collan consistencia.Alguén se atreve? Que tal vos quedaron?