Situémonos. Vigo. Restaurante Oh! Sushi. 15:40 horas. XV Xantanza. Chega un espectacular prato de lagosta, no que a carne da cola, crúa, está presentada en anaquiños sobre o corpo pousado nunha cama de flores. Xunto a ela, maxestosa presenza da cabeza do individuo. MÓVESE!!!. Non hai dúbida de que é fresca.